domingo, 23 de noviembre de 2014

O PLAN DE EMPRESA (Reflexión grupal do Módulo III)


Galicia non é un lugar donde esté asentada a cultura emprendedora. Si que hai excepcións honrosas e tamén outras moi notorias pero “unha frol non fai primaveira” e a excepción confirma a regra. Non nos gusta a incerteza senón a seguridade. Se a esta premisa lle engadimos que hai unha complexidade de trámites administrativos que dificultan “ad infinitum” calquer proxecto e  que pode ser ampliada en calquer momento porque, o parecer, padecemos “diarrea lexislativa" e a calquera que chega ao sitio adecuado pódeselle ocurrir deixar a súa impronta persoal (ocurrencia) en forma de un novo trámite para "facilitarlle” a vida a seus concidadáns.  Se a esto lle sumamos que ao mellor obtés un permiso para algunha obra no teu Concello, pero ao cabo de algún tempo descobres que incumples unha normativa autonómica, unha  nacional, unha de recente trasposición comunitaria,… a decisión de converterse en emprendedor/a non deixa de ser un tanto arriscada., por non decir desesperada ou heróica. A estos apuntamentos debemos engadirlle a gran dificultade que atopan os/as novos/as emprendedores/as para obter financiamento para poñer en práctica a súa idea.

Non podemos deixar de considerar a influencia dun sistema educativo excesivamente formalista e igualador, que non fomenta especialmente a creatividade e que ofrece un sesgo claro hacia as materias teóricas e humanistas en detrimento das tecnológicas e científicas que estimulan o desenvolvemento  doutros procesos cerebrales dunha maior utilidade na práctica.  Hai que decir, neste caso, que se están a producir  “ brotes verdes” e xa hai algunhas iniciativas que promocionan, con aportacións didácticas atractivas, o desenvolvemento da mentalidade científica que é imprescindible nun mundo globalizado.

Facer un Plan de empresa é un traballo laborioso que require moito tempo. Con este plan a persoa emprendedora deseña o seu proxecto e pode irlle dando forma a medida que lle vai incorporando novas variables nas que non tiña pensado, pero que condicionarán o resultado dos obxectivos previstos.


É unha ferramenta que serve para plasmar por escrito o proxecto e debe ser o máis minucioso posible para que recolla tódolos aspectos, ou a maioría, do negocio a crear.

É tamén unha ferramenta imprescindible para obter financiación externa xa que calquer/a inversor/a, público ou privado, vai sopesar a viabilidade antes de decidirse a invertir.

O plan de empresa debe conter unha serie de apartados de lóxica inclusión: a identificación da empresa coa súa área de actividade, as persoas promotoras,… pero un dos puntos máis importantes, desde o noso punto de vista, e o estudio do mercado (aparte, por suposto, da oportunidade da idea que pode constituir unha xenialidade e un éxito por sí mesma).  O estudio do mercado vai a ter en conta a oportunidade do proxecto e o análise do sector desde diversas consideracións: legais, estratégicas,... proveedores, competidores, consumidores/usuarios, etc.

Na actualidade estamos asistindo a unha promoción teórica e  intensiva da cultura emprendedora desde tódolos ámbitos da Administración: Traballo, Educación, Industria,… desde a Universidade, desde a FP, desde os Concellos…Este empeño por promocionar a creación de empresas está levando a moitas persoas a emprender sin un mínimo de garantías, sin experiencia emprendedora, sin recursos formativos, económicos ou financeiros, na busca dunha saída a unha situación persoal, profesional e familiar precaria.  É unha fuxida cara adiante,  en moitos casos, á desesperada.  Así vemos no noso entorno como xurden múltiples iniciativas que desaparecen antes de cumplir os dous ou tres anos do medio plazo, porque non poden facer frente a tódolos imprevistos que non se tiveron en conta e que van aparecendo na dinámica empresarial: impostos, gastos de mantemento e correntes, retrasos nos cobros, clientes morosos... Algúns sobrevivirán, pero moitos outros quedarán no camiño e nunha situación mais precaria da que partiron.  É por eso que facer o plan de empresa, unha simulación o mais perfecta posible da realidade, pódelle axudar ao potencial emprendedor a tomar unha decisión con máis garantías de acerto.

Non obstante ter en conta que hai algunha voces disidentes que falan de que na nosa sociedade non falla a iniciativa emprendedora senón que, máis ben, o problema sitúase na pequena dimensión das empresas  nunha porcentaxe alta unipersoais, sin asalariados, con escasa inversión e financiación, con pouco volumen de negocio, baixa competitividade e escaso rendemento. Probablemente o TIR e o VAN non as desaconsellarían, pero o rendemento dos factores productivos, capital e traballo, estaría en entredito nunha sociedade económicamente mais activa.


No hay comentarios:

Publicar un comentario