Galicia non é un lugar donde esté
asentada a cultura emprendedora. Si que
hai excepcións honrosas e tamén outras moi notorias pero “unha frol non fai
primaveira” e a excepción confirma a
regra. Non nos gusta a incerteza senón a
seguridade. Se a esta premisa lle
engadimos que hai unha complexidade de trámites administrativos que dificultan
“ad infinitum” calquer proxecto e que pode
ser ampliada en calquer momento porque, o parecer, padecemos “diarrea lexislativa"
e a calquera que chega ao sitio adecuado pódeselle ocurrir deixar a súa
impronta persoal (ocurrencia) en forma de un novo trámite para "facilitarlle” a
vida a seus concidadáns. Se a esto lle
sumamos que ao mellor obtés un permiso para algunha obra no teu Concello, pero ao
cabo de algún tempo descobres que incumples unha normativa autonómica, unha nacional, unha de recente trasposición
comunitaria,… a decisión de converterse en emprendedor/a non deixa de ser un
tanto arriscada., por non decir desesperada ou heróica. A estos apuntamentos
debemos engadirlle a gran dificultade que atopan os/as novos/as emprendedores/as para
obter financiamento para poñer en práctica a súa idea.
Non podemos deixar de considerar
a influencia dun sistema educativo excesivamente formalista e igualador, que
non fomenta especialmente a creatividade e que ofrece un sesgo claro hacia as materias
teóricas e humanistas en detrimento das tecnológicas e científicas que
estimulan o desenvolvemento doutros
procesos cerebrales dunha maior utilidade na práctica. Hai que decir, neste caso, que se están a
producir “ brotes verdes” e xa hai
algunhas iniciativas que promocionan, con aportacións didácticas atractivas, o
desenvolvemento da mentalidade científica que é imprescindible nun mundo
globalizado.
Facer un Plan de empresa é un
traballo laborioso que require moito
tempo. Con este plan a persoa emprendedora deseña o seu proxecto e pode irlle dando
forma a medida que lle vai incorporando novas variables nas que non tiña
pensado, pero que condicionarán o resultado dos obxectivos previstos.
É unha ferramenta que serve para
plasmar por escrito o proxecto e debe ser o máis minucioso posible para que
recolla tódolos aspectos, ou a maioría, do negocio a crear.
É tamén unha ferramenta
imprescindible para obter financiación externa xa que calquer/a inversor/a, público
ou privado, vai sopesar a viabilidade antes de decidirse a invertir.
O plan de empresa debe conter unha
serie de apartados de lóxica inclusión: a identificación da empresa coa súa
área de actividade, as persoas promotoras,… pero un dos puntos máis importantes, desde
o noso punto de vista, e o estudio do mercado (aparte, por suposto, da
oportunidade da idea que pode constituir unha xenialidade e un éxito por sí
mesma).
O estudio do mercado vai a ter
en conta a oportunidade do proxecto e o análise do sector desde diversas
consideracións: legais, estratégicas,... proveedores, competidores,
consumidores/usuarios, etc.
Na actualidade estamos asistindo
a unha promoción teórica e intensiva da
cultura emprendedora desde tódolos ámbitos da Administración: Traballo,
Educación, Industria,… desde a Universidade, desde a FP, desde os Concellos…Este
empeño por promocionar a creación de empresas está levando a moitas persoas a
emprender sin un mínimo de garantías, sin experiencia emprendedora, sin
recursos formativos, económicos ou financeiros, na busca dunha saída a unha
situación persoal, profesional e familiar precaria. É unha fuxida cara adiante, en moitos casos, á desesperada. Así vemos no noso entorno como xurden
múltiples iniciativas que desaparecen antes de cumplir os dous ou tres anos do
medio plazo, porque non poden facer frente a tódolos imprevistos que non se tiveron
en conta e que van aparecendo na dinámica empresarial: impostos, gastos de
mantemento e correntes, retrasos nos cobros, clientes morosos... Algúns
sobrevivirán, pero moitos outros quedarán no camiño e nunha situación mais
precaria da que partiron. É por eso que
facer o plan de empresa, unha simulación o mais perfecta posible da realidade,
pódelle axudar ao potencial emprendedor a tomar unha decisión con máis
garantías de acerto.
Non obstante ter en conta que hai
algunha voces disidentes que falan de que na nosa sociedade non falla a iniciativa emprendedora senón que, máis ben, o problema sitúase na pequena dimensión das empresas nunha porcentaxe alta unipersoais, sin asalariados, con escasa inversión e financiación, con pouco volumen de negocio,
baixa competitividade e escaso rendemento.
Probablemente o TIR e o VAN non as desaconsellarían, pero o rendemento
dos factores productivos, capital e traballo, estaría en entredito nunha
sociedade económicamente mais activa.